domingo, 1 de maio de 2016

Primeira andaina polo Sendeiro Local de Zamáns

O pasado domingo 25 de outubro de 2015 realizouse un expléndido percorrido polo Sendeiro Local de Zamáns, cunha luz e cunha temperatura ideal que permitiron disfroitar das particularidades do sendeiro trazado polo voluntariado de Camiño a Camiño en colaboración coa Comunidade de Montes de Zamáns. Algúns dos momentos están recollidos na reportaxe fotográfica (premer aqui). Como mostra:





Camiño a Camiño percorre o Sendeiro Local de Zamáns

O vindeiro domingo 25 de outubro de 2015 escomezan os percorridos polos novos sendeiros locais que a Concellería de Medio Ambiente está a trazar en colaboración coas Comunidades de Montes e contando co voluntariado de Camiño a Camiño. Neste caso será o Sendeiro Local de Zamáns
O trazado dos percorridos previstos tomarán como referencia o sendeiro e incrementarán o percorrido algo máis en función de que sexa a ruta curta ou a longa.
Entre os puntos de interese que se van a abordar está a fervenza da Freixa, á que se accede polo medio de prados e fragas. Outro punto de interese é a ribeira do encoro e os muíños existentes no rio Vilaza ou Zamáns. Tamén se abordará un dos aspectos singulares de Zamáns, e que lle dan nome a súa praza central: as leiteiras.